Actividade 5: Creación de negocio

XESTORÍA – ASESORÍA

Investimento necesario: 16650 €
Instalacións: 50 m2 distribuídos en tres postos de traballo e unha sala de reunións.
Persoal necesario: Dous emprendedores e un empregado.
Resultado bruto: 5’67 %
Vantaxes:
-A exclusividade nas xestións vinculadas coa Dirección Xeral de Tráfico.
-O asesoramento laboral sen posuír a condición de titulado en Relacións Laborais, xa que existe un decreto de concorrencia con esta titulación.
-Este é un negocio que sempre vai ter demanda, sempre vanse necesitar os servizos laborais como de contratacións, seguridade social, ou impostos, etc.
Inconvintes:
-A pesar das grandes vantaxes que este negocio presenta, tamén ten un gran inconvinte. Existe moita competencia e para gañar clientes e ser o mellor terás que ofrecer os mellores servizos.

Eu situaría este negocio en Cangas, na Avenida de Montero Ríos. Nese rúa, ademais de ser céntrica, sitúanse tamén outros establecementos financieiros como bancos ou un avogado. Nese lugar vive xente de idade media, que pode necesitar os servizos dunha asesoría ou xestoría.

Actividade consellos emprendedores

3. “Tú no vendes lo que quieres, sino lo que la gente desea comprar”

Se pretendo montar unha axencia de viaxes teño que estudar o mercado, os lugares que prefire a xente para viaxar, os prezos, etc. Deberei falar con xente con experiencia que pode chegar a orientarme cando, como emprendedora, monte o meu negocio.

10. “¿A que se te ha olvidado que vas a tener competencia?”

Non podo tampouco olvidarme da competencia, teño que estar sempre pendente das novidades dos outros negocios que poden chegar a arrebatarme clientes. As ofertas, os lugares, os voos, todo.

6. “No da lo mismo en qué momento lanzas al mercado tu empresa”

O momento no que a monte tamén ten que estar estudado, teño que montar a axencia de viaxes cando eu vexa que pode chegar a funcionar, baseándome na situación na que esté o mercado nese momento.

Instancia

Dona Lorena Giráldez Álvarez con DNI nº 34567821-D, nacida en Cangas do Morrazo, o 27 de marzo de 1995 e con domicilio na Avda. de Mónaco nº 29.

EXPONE:

Con motivo da excursión que os alumnos de 4º da ESO do IES Monte Carrasco queremos levar a cabo ao final de curso, pretendemos montar un rastro fronte a Capela do Hospital para recaudar diñeiro para dita excursión. Neste rastro poñeremos á venta produtos de segunda man pero en bo estado, e todo estará sempre supervisado por profesores e titores.

SOLICITO:

Polas razóns expostas solicito permiso para instalar un rastro fronte a Capela do Hospital o primerio fin de semana de novembro.

Os alumnos de cuarto do IES Monte Carrasco, en Cangas a 21 de outubro de 2010.

Actividade 4: Franquías

Unha franquía é unha asociación entre dúas empresas legalmente independentes entre si. Unha das partes, o franquiciador, permite a utilización da súa marca, imaxe e sistema de traballo á outra parte a cambio de diñeiro. O franquiciador terá ademáis a exclusividade de venta nunha zona determinada.

Viajes Gheisa

Investiemento total: 30000€
Superficie mínima: 30 m2

ZAFIRO TOURS VIAJES

Investimento total: 12500€
Superficie mínima: 25 m2

HALCON Viajes

Investimento total: 24000€
Superficie mínima: 35 m2

Volaria Travel

Investimento total: 5000€
Superficie mínima: 25 m2

Viajes Iberia

Investimento total: 30000€
Superficie mínima: 45 m2

VIAJES SERCOM

Investimento total: 18000€
Superficie mínima: 20 m2

Axencias de viaxes Grupo Glauka

Investimento: 4950€
Superficie mínima: 20 m2

Grupo Qualitas

Investimento: 6000€
Superficie mínima: 25 m2

Eroski Viaxes

Investimento: 15000€
Superficie: 35 – 40 m2

AB Club de Viaxe

Investimento: 9800€
Superficie mínima: 30 m2


Eu elexiría a axencia de viaxes Zafiro Tours, xa que no lugar onde quero montar o meu propio negocio xa hai “Eroski Viaxes”, “Viaxes Iberia” ou “Halcon Viaxes”, que son das máis coñecidas. Zafiro Tours está en proceso de crecemento, e xa ten máis de 700 tendas repartidas por España. A superficie do local está ben e o prezo non é excesivo.

Axencia de viaxes en Cangas:

Viajes Barco Rua Baiona, 14, 36940 Cangas 986 39 26 34
Halcon Viajes Avenida Montero Ríos, 29, 36940 Cangas 986 30 13 13
Viajes Iberia Calle Mendez Nuñez, 49, 36940 Cangas De Morrazo 986 39 22 44
Eroski Viajes Mendez Nuñez, 1, 36940 Cangas De Morrazo 986 30 48 52


Eu situaría unha nova axencia de viaxes na Avenida de Vigo, onde se están construíndo moitos edificios e xente que poida ter interese en viaxar habitará en esta zona.