Plan de marketing

1. Produto: características, utilidades e vantaxes. Servizos postventa e garantía.
A función da axencia de viaxes é asesorar ao cliente da mellor maneira posible e de ofrecerlle un bo servizo, o máis adecuado no seu caso. Son os encargados de intermediar a reserva, distribución e venta dos produtos turísticos. As vantaxes de este tipo de servizo é un asesoramento directo, orientación ao seu perfil, variedade e flexibilidade, máis confianza, posibilidade de reclamacións, axuda na decisión, etc.
2. Prezo: prezos dalgunha gama de produtos que vas traballar. Indica as estratexias de prezos que vas seguir. Tes que indicar se o prezo vai ser maior ou menor que o da competencia e por que.
Por exemplo vou facer ofertas, para as vacacións de verán, de Semana Santa, de Disney París, de cruceiros, de esquí, de viaxes de noivos, de escapadas, de fin de curso etc. Ofrecer unha estratexia de prezos conxuntos, baseándome en ofrecer dous ou máis produtos formando un paquete, a un prezo inferior do que custaría separado, viaxe, aloxamento, almorzo e excursións nun mesmo lote. Intentarei que os meus prezos sexan menores que a competencia, pero tamén procurarei ofrecer toda a información que poda, tamén podo abrir unha páxina web para vender dende Internet e que iso ábrame máis portas.
3. Identifica as canles de distribución: se o produto se distribuirá pola empresa directamente ou por distribuidores.
Contratarei comercias para que busquen e atendan a posibles clientes, que se dirixan a aquelas persoas que poden estar interesadas en viaxes, como por exemplo de fin de curso, de viaxes de noivos, etc.
4. Instrumentos de comunicación: venta persoal, publicidade, promoción de ventas, relacións públicas, patrocinio. Un exemplo de cada.
Podedes utilizar datos desta web: http://marketing.es/

Radio: Cadea Ser, de 14:00 a 19:00 2.600 €
Prensa: Publico, 1/2 PÁXINA 7.104 €
Revistas: Que me dices 1/2 PÁGINA 6.625 €
Televisión: ANTENA 3, de 10:00 a 12:00 850 €
Cine: Pontevedra, 24 salas, 4 semanas, 10.400 €
Vallas Publicitarias: 10.400 €, Aluguer valla/mes: 280 €
Monopostes: Pontevedra, Vigo VG-20 Km.3’100, 10,4 x 5 m., Aluguer: 975 €/mes, Produción: 1.400 €
Mupis y marquesiñas: Pontevedra, Nº caras: 91, Aluguer/semana: 9.100 €, Produción: 1.320 €
Cabinas telefónicas: Vigo, trimestre telefónico (12 semanas): 1.250 €, 1 año
Normal: 4.630 €
Autobús: Vigo, 1 mes: 655 €/mes, Rotulación e montaxe: 650 €/autobús
Aeroportos: MUPIS 80x120 cm.: 700 €

0 comentarios:

Publicar un comentario