Logotipo agencia de viajes

Proxecto de comunicación do produto

Proxecto comunicación do produto

Venda persoal: Comerciais (Pelayo Seguros) http://www.pelayo.com/
Marketing directo: Teleoperadoras (Jazztel) http://www.jazztel.com/
Publicidade: Anuncio (Cocacola) https://www.cocacola.es/
Relacións públicas: Isabel Preysler (Porcelanosa) http://www.porcelanosa.com/
Promoción de vendas: Carrefour (3X1) http://www.carrefour.es/

Actividade ultramarinos

Cuestións:

•Que opinión che merecen estas ideas?

De maior a menor importancia na miña opinión:
1.Integrarse dentro dunha rede de comerciantes que realiza actividades de promoción, concede tickets desconto para parkins, etc.
2.Posto que é moi difícil competir en prezos coas grandes cadeas e supermercados, pensou en especializarse en produtos artesanais e de calidade, así como importados.
3.Ofrecer servizos a maiores como pode ser levar a compra a casa.
4.Cambiar toda a carteleira do local. Pensou en empregar cores vivos e un deseño agresivo.
5.Como non ve moita saída á súa actividade, pensou en cerrar o ultramarinos e montar no seu lugar unha tenda de roupa para mozos.
6.Vender o establecemento.
7.Non facer nada.
•Cales cres que son máis fáciles en poñer en práctica?
1.Non facer nada.
2.Cambiar toda a carteleira do local. Pensou en empregar cores vivos e un deseño agresivo.
3.Vender o establecemento.
•Que aspectos terías en conta á hora de avaliar estas ideas?
Penso que especializarse en produtos de calidade e artesanais é unha boa idea, ofrecerías un determinado produto que non podes encontrar nos supermercados, e penso que hoxe en día a xente preocúpase cada vez máis en coidarse, aínda que tivese que pagar máis por iso. Aínda así, esta idea tería que valorarse dependendo de onde estivese ubicado o establecemento e tras un lavado de imaxe da propia, dándolle un aspecto non tan de tenda de barrio, se non de tenda de calidade.
A idea de integrarse nunha rede de comerciantes tamén está moi ben, xa que podes conseguir algúns privilexios que poden atraer clientela.
Levar a compra á casa da xente non é mala idea, pero hai que ter en conta que, ademais de que ese servizo xa o ofrecen moitos supermercados, o transporte levaría inverter máis diñeiro, gasolina, máis persoal, etc.
Cambiar a carteleira do local quizais non fará o efecto que se pretende, porque se os prezos seguen tan altos a xente seguirá preferindo os supermercados e grandes superficies.
Cerrar os ultramarinos e montar unha tenda de roupa tampouco está mal, pero iso depende xa de en qué lugar está o ultramarinos, o mellor é estudar o mercado.
Vender o establecemento é a opción fácil, ou non tanto, xa que con esta crise ao mellor non se consigue vendelo.
•Que outras ideas se che ocorren para mellorar?
A idea máis clara que vexo eu é a das ofertas. Tamén moita publicidade das
ofertas que se fan, podendo facer unha semana oferta dun determinado produto e
na seguinte semana doutro produto, etc.