Entrevista de traballo - Respostas do entrevistado

1. Cónteme sobre vostede, que experiencia ten neste sector?
Son unha persoa constante, traballo duro e teño iniciativa.
Estou máis que disposta a mostrar os coñecementos que adquirín durante tantos anos e poñelos en práctica nesta empresa.
2. Cal é o seu salario para este posto?
Penso que no meu salario ten que estar valorado o meu traballo, e ten que ser tamén o necesario para vivir ben nestes tempos que corren.
3. Como se propón compensar a súa falta de experiencia para este traballo?
Aprendo moi rápido e traballo con dedicación.
4. Está vostede disposto a traballar horas extraordinarias?
Así é, estou disposta a traballar horas extra se o precisan e é o mellor para a empresa.
5. Por que lle debemos contratar?
Estou moi ilusionada co posto, traballo duro e son constante, estou capacitada para desenvolverme neste posto.
6. Como describiría ao seu anterior xefe?
O meu anterior xefe era unha persoa traballadora e moi intelixente, era agradable traballar ao seu carón.
7. Está vostede disposto a poñer os intereses da organización por delante dos seus propios?
Sí señor, son moi leal á empresa.
8. Prefire traballar solo ou en equipo?
Traballo perfectamente en equipo, teño experiencia e sei levar a cabo este tipo de proxectos.
9. Estaría disposto a trasladarse se fose necesario?
Sí, neste momento non tería problema ningún en trasladarme se se dá o caso.
10.Confían as persoas facilemtne en vostede?
Sí, así é. Son unha persoa sociable e moi leal ante todo, intento axudar no que poida ás persoas que me rodean.

0 comentarios:

Publicar un comentario